miércoles, 27 de enero de 2016

Mutacións

                                                          MUTACIÓNS
Son cambios no ADN das células que se producen espontaneamente.Poden ocorrer en calquera célula dun ser vivo e cando se producen nas células que forman os gametos,tranmítese á descendencia.
Existen uns axentes mutaxénicos que aumentan a frecuencia das mutacións: as radiacións, algunhas substancias químicas e determinados contaminantes ambientais.
hai dous tipos de mutacións:
-Xénicas:son cambios na secuencia dos nucléotidos do ADN.As proteínas que se producirona partir dun xene que sufriu unha mutación poden ser distintas ás normais e poden non realizar a mesma función.Cando un xene mutado se duplica, a mutación pasa á descendencia.

 -Cromosómicas:afectan ao número ou á estructura dos cromosomas.

miércoles, 13 de enero de 2016

Tradución do ARN

TRADUCIÓN DO ARN

É o proceso de síntese de proteínas levado a cabo nos ribosomas, a partir da información aportada polo ARN mensaxeiro que é,a súa vez,unha copia dun xen.
O procesode fabricación de proteínas recibe o nome de tradución, xa que pasa dunha linguaxe construidas con bases nitroxenadas a outra feita con aminoácidos.

Transcrición do ARN

TRANSCRICIÓN DO ARN
A partir dunha cadea de ADN molde fórmase unha cadea de ARN monocatenario chamado ARNm mensaxeiro. A secuencia de bases dun determinado xene do ADN cópiase nunha molécula de 
ARNm.


                       

Duplicación do ADN



                               DUPLICACIÓN DO ADN

É un mecanismo que realizan as células que consiste na duplicación do material xenético,isto é,realizar unha copia exacta do ADN.Ten lugar no núcleo celular durante a interfase.
Este proceso acontece mediado por moitas proteínas,que mediante distintas funcións son capaces de separar a dobre cadea de ADN,e partir de cada unha delas sintetizar unha cadea complementaria.Cada nova dobre cadea estará constituída por unha cadea molde e outra de nova síntese,por iso se di que é semiconservativa.Unha replicación imperfecta do ADN dá lugar a mutacións.