Cando se afastan dúas placas prodúcese un continuo ascenso de material do manto e créase codia oceánica. Son os límites diverxentes.
Cando dúas placas se aproximan, unha placa oceánica subduce por debaixo doutra, continentalou oceánica. Nesta zona de subdución destrúese litosfera oceánica ao fundirse a placa. Candochocan dúas placas continentais, prodúcese colisión, xa que ningunha subduce. Os límites denomínanse converxentes e coinciden con arcos illas, foxas abisais e cordilleiras.
Nos límites neutros as placas deslíaznse lateralmente e non se crea ou se destrúe litosfera. Aquí encóntranse as fallas de transformación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario